Tenda

JUAN CARBALLO

 

Asuntos pendentes é unha produción do poeta galego Juan Carballo e o músico valenciano Manolo Tarancón.

 

Unha obra íntima, na que levantan unha ponte para entenderse nun universo de poemas musicados e cancións.

 

A ilustradora Nuria Díaz é a encargada de envolver de maxia este traballo para convertelo nun obxecto especial. Unha edición de luxo onde todos os matices da música e da poesía, se perciben nas mans.

 

14€ Disco-libro

A memoria, a máquina do tempo coida segredos, débedas e palabras. Tamén fabrica ilusións e desexos que non repara nas consecuencias de camiñar pola delgada liña que separa a nostalxia dos soños.

 

Juan Carballo e Ramón Núñez, protagonizan esta viaxe íntima e persoal na que contan coa colaboración de prestixiosos artistas e amigos como Alejandro Martínez, Guadi Galego, Guillerme Fernández, Jose A. Vilas, Maite Dono, Paco Cifuentes, Quim Farinha...

 

14€ Disco-libro

 

 

OUTLET son pequenas escenas espidas de efectos especiais da vida cotiá, reproducen situacións reais coa mesma linguaxe urbana e realista na que suceden.

Neste novo poemario abandona a escrita romántica e melancólica das súas últimas publicacións, explorando ritmos persoais que enfrontan un mundo real e íntimo.

 

8€ Libro

 

GASTOS DE ENVÍO INCLUÍDOS NOS PREZOS

 

A través desta páxina podes mercar con Paypal ou coa túa tarxeta de débito ou crédito.

 

Se prefires ingresar o importe nunha conta escribe a: info@juancarballo.es

 

Tamén podes mercar os discos e libros en todas as librerías galegas;

 

Distribúe: Consorcio Editorial Galego

 

Avenida da estación, 25

36818 Redondela (Pontevedra)

Tel. 986 405051

pedimentos@coegal.com

 

 

PACK: Asuntos pendentes + Outlet + A máquina do tempo

 

30€

Info, prensa e contratación: info@juancarballo.es

Copyright © Juan Carballo 2018